A Empresa

Obradoiro de Socioloxía

Somos unha empresa dedicada á investigación social e económica principalmente no ámbito de Galicia

Desde a súa fundación en 1978 Obradoiro de Socioloxía vén traballando de xeito regular con:

  • Administración Central: a través de diferentes Ministerios.
  • Administración Autonómica, Xunta de Galicia: a través de distintas Consellerías, organismos autónomos e empresas públicas (servizos e institutos adscritos).
  • Administración Local: Deputacións e Concellos das principais cidades.
  • Universidades
  • Outras institucións, como corporacións académicas, asociacións, organizacións sindicais, etc.
  • Fundacións, entidades e asociacións privadas de iniciativa social.
  • Empresas privadas: en sectores como os medios de comunicación, artes gráficas, transporte, obras públicas, agroindustria, publicidade, hostalería, etc.

Grazas á confianza que moitas destas entidades e empresas veñen depositando en nós de xeito reiterado, Obradoiro de Socioloxía logrou consolidarse neste tempo como unha das compañías máis prestixiosas do sector.